Tuesday 17 de September de 2024

O Concello achegará 70.000 euros á Asociación Provivienda para axudar a persoas sen fogar


A través do proxecto de ‘Housing First’ promóvese un parque de 12 vivendas que dará cobertura a un total de 20 persoas este ano

O Concello da Coruña sigue traballando para mellorar o acceso á vivenda de persoas en situación vulnerable. A alcaldesa, Inés Rey, e Ana Pardo, representante da entidade, asinaron un convenio de colaboración dotado con 70.000 euros para o financiamento do proxecto ‘Housing First’ na Coruña, orientado a persoas sen fogar.

A Asociación Provivienda ten como obxectivo fomentar e promover programas de vivenda e aloxamento de carácter social en xeral e en especial para persoas con problemas de acceso á vivenda. Nese marco, a través do programa ‘Housing First’, promóvese un parque de 12 vivendas que dará cobertura a un total de 20 persoas ao longo de 2024, xunto con outras cinco persoas que poderían incorporarse a partir de cinco posibles saídas autónomas. O parque componse de:
● Oito inmobles de unha ou dúas habitacións. Incorporaranse oito persoas cun perfil de longa duración e alta vulnerabilidade. Son vivendas individuais e contarán con apoios adaptados ás necesidades das persoas residentes. A vivenda será cedida de forma estable e independente, por tempo indefinido, recoñecendo a vivenda como un dereito fundamental da cidadanía.
● Catro vivendas de tres habitacións. Incorporaranse doce persoas con marco temporal indefinido e procedentes tanto da rúa como de recursos de atención a persoas sen fogar. Ademais, poden ter presentar outros factores de exclusión. Son vivendas de formato convivencial e de transición co obxectivo de acadar a total autonomía nun tempo aproximado de 18 meses. As persoas incorporadan responden a un perfil con menos necesidades de apoio. En ambos tipos, as vivendas están completamente amobladas con equipamento básico así como cociña e baño.

Rey e Pardo puxeron en valor a colaboración entre Concello e entidade para o desenvolvemento do proxecto que dá continuidade ao posto en marcha no 2023 coa promoción de dez vivendas para persoas en situación vulnerable.